Comezamos a presentación das nosas senior

Este ano incorporamos ó clube a categoría senior en 2ª Autonómica e a maioría das rapazas son novas.

Comezamos a presentación delas con Lucía Vázquez Silva, xogadora de 14 anos sen experiencia en ningún clube federado pero con toda a ilusión do mundo e unha auténtica namorada do fútbol.

Así se presenta Lucía para todos nós

Hola, son Lucía Vázquez Silva, xogadora da E.F.F. Rosalía, esta é a miña historia co fútbol:

A miña paixón polo fútbol comezou en primeiro de primaria xogando, ou mellor dito tentando xogar ó fútbol no patio do colexio, comencei ver partidos, seguir a equipos… Tamén me lesionei algunha vez…
Con moito esforzo aprendín a defenderme xogando, non sendo Cristiano Ronaldo pero facíao bastante ben, e pode que fora, ou siga sendo unha obsesionada dos partidos de fútbol… encántame velos e trato de aprender véndoos. Nunca tiven a ocasión de pertencer a un equipo e poderíase dicir que son autodidacta, pero este verán xurdiu a oportunidade de apuntarme no Rosalía e non o pensei duas veces…

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content